Patentes e marcas xogan un importante papel na dinámica diaria das empresas. Crealas supón garantir un monopolio de explotación dunha idea ou produto por un periodo de tempo concreto.
Nesta sección GaliciaPMS explícache as características básicas dunha marca e unha patente e as vantaxes que poden ofrecer ás empresas.
Tamén incluimos un apartado específico de Feiras de inventores onde poderás dar a coñecer as túas ideas ou comprar ideas e inventos para explotalos posteriormente.
O rexistro dunha marca otorga á empresa o dereito exclusivo a impedir que terceiros comercialicen produtos idénticos ou similares coa mesma marca ou utilizando unha firma tan similar que poda crear confusión.
Se unha empresa non rexistra unha marca, as inversión que realice na comercialización dun produto poden resultar infructuosas xa que os seus rivais poderían utilizar a mesma marca ou unha tan similar que poda confundirse para a comercialización de produtos idénticos ou similares.
Ademais de diminuir as gananzas da empresa pode confundir aos clientes danando a reputación e imaxe especialmente se os produtos rivais son de calidade inferior.
Dado o valor das marcas e a importancia que unha firma poda ter para o éxito dun produto nos mercados é crucial asegurarse que está rexistrada no mercado ou mercados pertinentes.
As marcas garantizan:
Realizar patentes permítenos adquirir unha sólida posición no mercado e vantaxe competitiva.
A patente concédelle ao titular o dereito exclusivo de impedir que outros utilicen comercialmente a invención patentada reducindo deste xeito a incertidume, o risco e a competencia de imitadores.
Outra das vantaxes de patentar unha invención é a posibilidade de obter ingresos adicionais pola concesión dunha licencias sobre a patente ou a súa cesión. Como titular dunha patente poden cederse os dereitos sobre a invención a cambio de sumas fixas e/ou regalías.
Tamén se reducen os riscos de infracción. Ao obter a protección por patente pode impedirse que outros patenten a mesma invención reducindo ao mesmo tempo os riscos de infrinxir os dereitos de outros a comercializar os produtos.
Unha patente impide que outros patenten invencións similares ou idénticas e proporciona unha indicación da invención que se patentou é nova.
Ademais aumenta a capacidade de obter financiación a un tipo de interese razoable. A titularidade das patentes (ou licencias para utilizar patentes de terceiros) pode aumentar a capacidade para obter capital para poñer un produto no mercado.
Por último unha patente damos unha imaxe positiva da empresa ao fin de proxectar cara o público unha imaxe innovadora.
A continuación monstrámosche un listado das feiras de inventores máis importantes a nivel mundial coa información das datas de celebración, lugar, teléfonos de contacto...