Banner da portada



Inicio>Temas empresariais>Comunicación e publicidade
Comunicación e publicidade

A comunicación empresarial é a pedra angular sobre a que se asentan todas as ramas da vida publicitaria dunha empresa que desexe crear un berce axeitado de cara ao exterior.

As sucesivas campañas de comunicación e publicidade deben ir da man dunha comunicación comercial onde a brúxula de viaxe sexa a actualización e a xestión correcta da información sexa a folla de ruta a seguir. O trato ás novas da empresas cun marcado carácter innovador é o derradeiro paso a saída da nova ao público.

Na autoestrada da información dixital e os negocios na que se converteu a rede, as empresas galegas atoparán en GaliciaPMS a chave que abrirá as portas ás chamadas sen contestación das firmas e emprendedores galegos que buscan un horizonte sen barreiras globalizadoras que freen a súa expansión empresarial.

As vías de comunicación son innumerables. O igual que o transporte de pasaxeiros precisa de automóbiles, barcos e avións a comunicación comercial abarca á prensa, a radio, a televisión e, sobor de todo, á Internet coma os vehículos de expansión de novas máis efectivos a hora de transmitir unha mensaxe a un determinado grupo de compradores potenciais.

O portal Galiciapms dache a oportunidade, pioneira en moitos aspectos, de crear un espazo dixital onde amosarlle ao gran público cales son os mellores avais comerciais da túa empresa e porque debe confiar no proxecto amosado. GaliciaPMS é o transporte de comunicación dixital máis eficaz.

¡Merca a túa pasaxe!

As vantaxes da publicidade en Internet

A elaboración de plans de comunicación específicos e publicidade na Rede comeza a gañar a batalla á tradicional publicidade en televisión, radio ou prensa.
Esta tendencia estase a consolidar nos últimos anos pola fragmentación da audiencia, a necesidade de ofrecer produtos e servizos personalizados e sobretodo acadar a fidelización dos usuarios.

Hai varias diferenzas importantes que aporta Internet con respecto á publicidade máis tradicional:

  • Custe

Elaborar un plan de comunicación ou publicitarse en Internet é moito máis barato que a publicidade na televisión, radio ou prensa.

  • Personalización

As campañas publicitarias en Internet pódense dirixir especificamente ao público obxectivo (target) para dar a coñecer unha empresa ou promocionar un produto.

Ademais de crear publicidade en medios especializados no noso ámbito de actuación é posible crear publicidade nos buscadores que só visibilicen os usuarios que accedan por uns conceptos concretos de busca que nós previamente especificamos.
(por exemplo: Quero que o meu anuncio dunha hélice para barcos só apareza cando os internautas busquen información polas palabras "barcos de recreo").

  • Internacionalización

Facer publicidade en Internet abre moitas fiestras para dirixirse a un público a nivel global. Calquer persoa pode acceder a unha web concreta dende calquer parte do mundo.

Un bo posicionamento nos buscadores permite que persoas de países ben diferentes visibilicen a información da túa empresa.

En Galicia contamos coa plataforma dixital byGalicia especializada en fomentar o comercio a nivel mundial das empresas galegas ofrecendo unha serie de servizos gratuítos como:

  • Interacción

Na publicidade na Rede o cliente sempre sente a posibilidade de pórse ao momento en contacto coa organización que publicita un servizo ou produto.

Do mesmo xeito, a chegada da Web 2.0 permitiu crear redes sociais on-line onde son os propios usuarios os que crean os contidos, valoran novos produtos, indican intereses, ofrecen suxerencias...

  • Seguimento da audiencia e control de impacto

Un dos principais problemas das campañas publicitarias era valorar ata que punto tiñan impacto nos clientes (Como valorar se un anuncio na radio cumpre os obxectivos que nos marcamos?).

Internet ofrécenos pola contra datos estadísticos moi específicos como o número de usuarios que consultan a publicidade, tramos horarios, por que conceptos acceden, dende que países e un longo etc de información específica.

Esta información permítenos perfilar os plan de comunicación e publicidade constantemente.

Unha ferramenta moi interesante en relación ao seguimento da audiencia é Google Analytics.

 

Aceso directo a o foro

Correo web

Enterpemes

Directorio de Empresas