A historia da humanidade está directamente ligada coa calidade desde os tempos máis remotos. O home ao construír as súas ferramentas, elaborar os seus alimentos e fabricar o seu vestido observa as características do produto e de seguido procura melloralo.
Na actualidade, os requisitos para que un produto-servizo sexa de calidade dependen fundamentalmente do cliente e son a representación das súas necesidades e expectativas.
O grao en que as características inherentes dun produto ou servizo cumpren cuns requisitos do cliente é a forma máis sinxela de ver o seu verdadeiro valor comercial.
O desenvolvemento e industrialización de Galicia fai imprescindible estar en condicións de poder demostrar que os servizos e produtos postos no mercado posúen un nivel de calidade recoñecido, fixo, constante, para todas as unidades productivas producidas ou prestadas.
Dende o punto de vista interno da organización produtiva ou do servizo, supón a mellora non só do produto ou servizo, senón tamén da propia xestión e funcionamento interno.
Para poder proporcionar a confianza mencionada, é necesario estar en condicións de demostrar que o nivel de calidade alcanzado é adecuado.
Unha forma de demostración artículase mediante o cumplimento das normas internacionalmente admitidas, establecidas a tal efecto. Así, no ámbito das empresas, a serie de normas ISO 9000 establecen os criterios mínimos a cumplir.
A ventaxa que ofrecen estas normas é a uniformación dos criterios e requisitos a cumplir, de forma que se teñen uns criterios específicos por onde medir a todas as organización que queren demostrar o seu bo facer.
A complexidade dos mercados debido ao aumento da competencia e a facilidade crecente para os envios ou desplazamentos comerciais (comercio electrónico…) empuxa á necesidade dunha mellora continua.
Só os produtos innovadores, que ademais cumplan todo o ámbito reglamentario e contractual que lles sexa de aplicación teñen posibilidade de encontrar comprador a prezos axeitados.
Na actualidade existen diferentes normas para regular e establecer indicadores sobre o bo facer dunha empresa.
Existen regulacións específicas para os diferentes sectores de actividade económica (pequeno comercio, agroalimentario, automoción, transportes, despachos profesionais, forestal, sanitario...) así como, para as actividades intrínsecas que realizan as empresas (calidade, medioambiente, prevencións de riscos laborais, I+D+I, sistemas de información e responsabilidade social corporativa).
Unha peme que desexe aplicar unhas regras básicas de calidade debería comezar por implantar uns sistemas de xestión para cumplir as seguintes normas:
Esta norma certifica que a empresa presenta un sistema de xestión de calidade en base á utilización duns métodos específicos. Deste xeito o consumidor ten a fiabilidade dunha calidade nos produtos ou servizos consumidos.
Esta norma certifica que a empresa utiliza no seu traballo diario uns criterios medioambienteais saludables.
Nas últimas décadas a sociedade tomou conciencia dos problemas ambientais tales como vertidos, reciclaxe, efecto invernadeiro...O respeto ao medio ambiente, ademais dunha obligación legal, é un imperativo do propio mercado. Os consumidores demandan e valoran positivamente os produtos e servizos vinculados ao concepto de desenvolvemento sostible.
Nos últimos anos hai un incremento considerable de empresas que aplican sistemas de calidade para conseguir as certificacións. Na tipoloxía das empresas que aplican sistemas de xestión destaca o esforzo que están a facer as pemes.
En GaliciaPMS indicámosche un enlace onde poderás recibir máis información e asesoramento sobre sistemas, normas e criterios para mellorar a calidade da túa empresa. Trátase do Observatorio Calidade, organismo dependente da Consellaría de Economía e Industria.
Tamén resulta moi interesante o Servizo de asesoramento de expertos en comercio internacional de ByGalicia, que de forma gratuíta nos poderá informar sobre os criterios de calidade que priman noutros países a nivel mundial.