Banner da portada



A Peme

Que é unha PEME?

A Comisión Europea adoptou o pasado 6 de maio de 2003, unha Recomendación sobre a definición de PEME (vixente dende o 1 de xaneiro de 2005). O texto define os tipos de empresa (autónoma, asociada e vinculada) e fixa un método transparente para calcular os límites financeiros e de número de empregados.

Seguindo a citada Recomendación, unha empresa é toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, considéraranse empresas as organizacións que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan una actividade económica de forma regular e que reúna os seguintes requisitos:

Táboa de categorías de PEME
Categoría de empresaEfectivosVolume de negocioBalance xeral

Mediana

<250

<=50 millóns €

<= 43 millóns €

Pequena

<50

<=10 millóns €

<=10 millóns €

Microempresa

<10

<=2 millóns €

<=2 millóns €

Calquera proxecto de empresa desenvólvese a partir dunha idea, que xorde como consecuencia dunha oportunidade de negocio.

En GaliciaPMS ofrecémosche algunhas das ligazóns máis relevantes para madurar a túa idea e poñer en marcha o teu proxecto, onde se expón toda a información necesaria e ferramentas axeitadas para sentar as bases da túa empresa:

  • Centro de empresas e innovación.
    O Centro de Empresas e Innovación (CEI) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
  • Centro europeo de empresas e innovación de Galicia
    Este organismo ofrece un mecanismo activo e permanente de detección e selección de proxectos emprendedores, para poder ofrecer unha gama completa de servizos para a creación e a diversificación empresarial.
  • Dirección xeral de política da pequena e mediana empresa.
    Este organismo fomenta o espírito emprendedor a través dunhas ferramentas e uns servizos que dotan ao futuro empresario da información necesaria para coñecer as opcións existentes e elixir a que mellor se adapte as súas necesidades para facilitar o éxito do proxecto.
  • CIRCE
    Inclúe todos os pasos necesarios para realizar a constitución telemática dunha Sociedade de Responsabilidade Limitada (S.R.L.) ou dunha Sociedade Limitada Nova Empresa (S.L.N.E). Tamén oferta a posibilidade de ir persoalmente a un Punto de Asesoramento e Inicio da Tramitación (PAIT) para realizar estes trámites.

Información estatística

Na rede hoxe en día existen infinidade de publicacións, informes e estudos de carácter sectorial difundidos por diferentes organismos, corporacións, asociacións, etc.  de carácter empresarial ou institucional que nos ofrecen cantidade de información sobre evolución e perspectivas do sector no que se desenvolve a nosa peme.

De todos os xeitos, en GaliciaPMS presentámosche as dúas fontes estatísticas oficiais por excelencia que se encargan da recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible e desenvolvemento de bases de datos de interese público.
Moita desta información pode ser aproveitada polas pemes para a elaboración de informes e estudos sectoriais.

  • Dirce (Directorio central de empresas)
    O Directorio Central de Empresas (DIRCE) reúne nun sistema de información único, a todas as empresas españolas e a súas unidades locais situadas no territorio nacional. O seu obxectivo básico é facer posible a realización de enquisas económicas por mostraxe.
  • Confederación española da pequena e mediana empresa
    CEPYME ten como obxectivos a atención ás necesidades de información, asesoramento, asistencia técnica, investigación e perfeccionamento das organizacións, empresas e empresarios afiliados, estudando e divulgando cantos temas podan afectar á potenciación da pequena e mediana empresa. 
  • Instituto Galego de Estatística
    Trátase do sitio web con información estadística máis precisa de Galicia
  • Instituto Nacional de Estatística
    Recolle a información estadística a nivel do estado español
  • Eurostat
    Esta web recolle moita información estadística a nivel europeo. Trátase dun portal  creado pola Unión Europea

As Pemes desempeñan un papel central na economía europea. Son unha fonte esencial de capacidades empresariais, innovación e emprego que equivalen ó 99% de tódalas empresas da UE.
A consecuencia disto, as institucións europeas prestan unha especial atención á protección e potenciación das Pemes. Podemos obter máis información neste aspecto en:

http://ec.europa.eu/enterprise/sme/index_es.htm

Aceso directo a o foro

Correo web

Enterpemes

Directorio de Empresas