WIRELESS GALICIA,S.L.
- A CORUÑA (A CORUÑA)
+ info
O sector da pedra e lousa en Galicia conta cunha estrutura produtiva que cubre toda a cadea de valor: extracción, elaboración, comercialización e colocación. O granito e a lousa son as rochas ornamentais por excelencia en Galicia xa que, xeográficamente o granito predomina na zona occidental e a lousa na oriental.
A lousa é apreciada universalmente pola súa calidade, adquirindo a súa explotación unha extraordinaria importancia económica. Galicia conta con máis de 80 canteiras a ceo aberto onde se concentra o 70% da produción de España cun volume de emprego directo superior aos 3.000 traballadores.
Case o 80% da produción galega expórtase a diversos países como Francia ou Alemaña, utilizándose fundamentalmente en cubertas, solados, fachadas, ornamentación e mobiliario urbano. Cabe destacar que en Galicia está situado o “Centro Tecnolóxico da Lousa” que ofrece servizos de I+D para todo o sector a nivel estatal.
En canto ao granito, Galicia é líder absoluto da transformación ao nivel do Estado do producto. A súa extracción lévase a cabo nas máis de 100 canteiras de Galicia, supoñendo unha facturación de máis de 300 millóns €.
Destaca tamén o dinamismo a nivel internacional cunhas vendas por exportación superiores aos 100 millóns €, o 75% do cal é produto elaborado. As empresas galegas están especializadas na elaboración de pedra e actualmente importan máis pedra en bruto da que exportan.
Cabe mencionar que Galicia é un importante productor de áridos para a construción, con numerosas canteiras onde se desenvolven todos os procesos produtivos de transformación das rochas.