banner
Inicio>Oportunidades de negocio>As pemes: produtos e servizos>Act. profesionais, científicas e técnicas
Actividades profesionais, científicas e técnicas

EMPRESAS
Atoparonse os seguintes resultados

"SDAD COOP DE LIMPIEZA ""ALECRIN"" DE ORENSE." 
- 32002 OURENSE (Ourense)
+ info

'LIMPIEZAS Y SERVICIOS DE VIGO SL.' 
CL MESTRE CHANE, 2 - 36206 VIGO (Pontevedra)
+ info

'TABARES & ASOCIADOS,ABOGADOS SC 
CL FLORENTINO CUEVILLAS 1 - 32003 OURENSE (Ourense)
+ info

1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | ... | 2731 |
Información do sector

Os servizos profesionais, técnicos e tecnolóxicos en Galicia constitúe un sector especialmente dinámico que agrupa actividades do tipo consultoría e asesoría, enxeñería e arquitectura, estudos de mercado, servizos técnicos, ensaios e análise, actividades de xestión e organización, publicidade, ou actividades de investigación e desenvolvemento. Caracterízase pola súa alta cualificación e especialización, capaz de aportar un importante valor engadido ás empresas doutros sectores, en especial ao industrial.

Estas actividades, xunto con outros servizos a empresas (como vixianza, limpeza, manutención ou aluguer de maquinaria e equipo) constitúen no seu conxunto un dos sectores de máis peso na economía galega, concentrando máis de 83.000 ocupados e arredor de 26.500 empresas.

Nos últimos anos foi o sector galego que, xunto coa construción, máis emprego creou, cun aumento entre 2000 e 2006 superior ao +50%. Polo que se refire ao número de empresas, este aumentou no mesmo periodo en máis do +45%.

Trátase de actividades que están asumindo un protagonismo esencial tanto en Galicia como nas demais economías desenvolvidas, nas que son unha fonte inestimable de produtividade, eficiencia e especialización para os sectores empresariais cos que traballan, especialmente a industria.

Xogan tamén un papel chave na capacidade tecnolóxica, de innovación e de xestión das empresas, e aportan profundidade e sofisticación a todo o tecido produtivo, en especial ás PEMES.