Banner da portada



Inicio>Temas empresariais>Dirección e estratexia
Dirección e estratexia

A dirección e estratexia a nivel empresarial son termos moi amplos e que involucran a todos os elementos que son susceptibles de influencia na toma de decisións á hora de xestionar o funcionamento dunha empresa.
Nunha empresa que xa está en marcha podemos falar de:

  • A información económico financeira
    • balance
    • a conta de perdas e ganancias
    • a capacidade produtiva
    • custes de produción
    • estado de tesourería
    • ...
  • Situación da industria
    • volume de produción
    • vendas
    • número de empregados
    • ...
  • Situación de variables macroeconómicas tales como
    • tipos de xuros
    • tipo de impostos de sociedades
    • límite de crédito
    • ...

As decisións a tomar en base a esta información poderían ser tales como:

  • Canto gasto en marketing
  • Canto podo producir
  • Cal é o prezo do produto ou servizo final
  • Canto podo investir en capital
  • Canto gasto en I+D
  • ...

A dirección e estratexia marcan a forma de facer as cousas en base á información de que se dispón tanto na propia empresa como no exterior (oferta, demanda, stocks, política de prezos, persoal, ...).

Podes obter máis información sobre dirección e estratexia e os conceptos que involucran na web de navactiva.

Se pola contra estás interesado en obter máis información acerca de másters e cursos relacionados coa temática consulta as seguintes webs:

www.esade.edu

www.deusto.es

Plan de empresa

A elaboración dun plan de empresa ten moito que ver co visto no apartado anterior.
Un plan de empresa é unha ferramenta de traballo para aquelas persoas ou colectivos que queren poñer en marcha unha iniciativa empresarial, que recolle nun documento escrito a análise e descrición dunha oportunidade de negocio á vez que se valora a súa viabilidade técnica, económica e financeira.

Este documento recolle os factores e obxectivos de cada unha das áreas que poden intervir no plan ademais dos procedementos e estratexias que permitan facer realidade o proxecto asociado ao plan.

Un plan supón plasmar sobre o papel de forma ordenada as ideas que temos en mente.

É importante a elaboración dun plan de empresa, xa que nos vai a servir non só para estruturar a información da que dispoñemos, senón que tamén nos vale para:

  • Buscar/solicitar recursos ou financiamento para poñer en marcha as nosas ideas (entidades financeiras, subvencións, ...)
  • Demostrar a consistencia do proxecto
  • Conseguir sinerxias entre a xente implicada no proxecto
  • ...

Tamén cabe destacar que un plan de empresa non só é preciso elaboralo cando queiramos materializar unha iniciativa empresarial.
É importante ter un plan actualizado para auditar as posibles desviacións da idea inicial do proxecto, para poder desenvolver novas iniciativas dentro da propia empresa, ...

Dende GaliciaPMS propoñémosche unha serie de ligazóns relacionadas coa creación de empresas e a elaboración de plans de empresa:

  • Ipyme
    Descrición detallada de que é un plan de empresa orientada ás Pemes.
  • Emprego XXI
    Conta con simuladores de impulso ao autoemprego.
  • Navactiva
    Presenta un conxunto de autodiagnoses sobre dirección e estratexia comercial
Aceso directo a o foro

Correo web

Enterpemes

Directorio de Empresas