O crecemento é especialmente destacable no último trimestre, cun repunte do 26,1%, ata 1.574,2 millóns de euros (fronte aos incrementos do 3,9% no primeiro trimestre, do 15,8% no segundo e do 13,2% no terceiro).
As compras realizadas a sitios web españois foron as que máis pesotiveron por volume de ingresos, cun 53,7% do total (3.090,2 millóns). Desta cantidade, 2.414,5 millóns foron compras realizadas dende España, e 675,7 millóns dende o extranxeiro.
As compras dende España a sitios web extranxeiros supuxeron un 46,3% do total, con 2.661,5 millóns de euros.
No último trimestre, o número de operacións de comercio electrónico medraron un 28,3% respecto ao cuarto trimestre de 2008, con 22,1 millóns de transaccións.
O sector máis activo en Internet segue a ser o turístico, cun 32,6% dos ingresos totais (514,6 millóns de euros) no cuarto trimestre, seguido do marketing directo (154,8 millóns) e os xogos de azar e apostas (95,8 millóns).
A CMT elabora este informe tendo en conta o comercio electrónico realizado a través de tarxetas bancarias, polo que non recolle as operacións realizadas mediante transferencia bancaria, contra reembolso ou outro medio de pago.