Neste sentido, Feijóo resaltou que “desde hoxe mesmo, as industrias que elaboran leite ou produtos lácteos e que utilizan a materia prima procedente das explotacións do rexistro de calidade diferenciada, poden solicitar ante o LIGAL (o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite) o emprego da marca de Calidade Galega 100%”. Grazas a isto, proseguiu, “o consumidor que escolla un produto no que aparece este distintivo, terá a seguridade de estar consumindo un produto de Galicia, e dunha calidade excepcional”.
Así, explicou Feijóo, dótase dunha maior garantía a gandeiros e consumidores. Os primeiros terán un recoñecemento da calidade no seu traballo, namentres que os segundos “saberán, tan pronto vexan un brick de leite no supermercado, se é leite galego e se é leite de calidade”.
“Penso –incidiu Feijóo- que iniciamos un proceso fundamental para distinguirnos no mercado de facto; e penso que damos un paso fundamental para seguir dando instrumentos ao sector que lle permiten estabilizarse e esquivar as crises cíclicas que sofre constantemente”