Conforme á información oficial, Julio César Barros deixa tanto a presidencia como o seu posto de conselleiro en Coren Grill, se ben continúa ligado á compañía para potenciar a área de clientes de hostelería, unha función que xa está a desempeñar na actualidade.
O seu posto na presidencia pasa a ocupalo José Francisco Ruiz, xa integrado en Coren Grill na súa condición de conselleiro delegado, cargo que segue mantendo, aínda que de xeito mancomunado con Emilio Rial, á súa vez director xeral adxunto de todo o grupo agroalimentario.
Outro dos cambios afecta a María Gómez-Franqueira, filla do primeiro directivo do grupo, Manuel Gómez-Franqueira, que no só como vicepresidenta senón que pasa a asumir funcións executivas en Coren Grill como apoderada.