Banner da portada



Inicio>Novas>Detalle

31/03/2010
A industria galega facturou un 1,7% máis en 2008 e mantén o seu peso estatal

A industria galega alcanzou 
unha cifra de negocios de 41,9 millóns de euros en 2008, o que representa un incremento do 1,69% en relación ao exercicio anterior, segundo os datos da Enquisa Industrial de Empresas difundidos onte polo INE

 

Así, a comunidade galega mantense como a sexta, do mesmo xeito que en 2007, por peso do seu sector industrial no conxunto estatal. Galicia representa o 6,6% do cómputo global, a mesma porcentaxe que o ano anterior.

En toda España, a industria alcanzou unha cifra de negocios de 628.903 millóns de euros en 2008, un 0,94% máis que no exercicio anterior, pero recortou o emprego nas principais áreas de actividade, até 2,51 millóns de traballadores, un 2,78% menos que no exercicio anterior.

As industrias extractivas, da enerxía e da auga elevaron un 17,99% a cifra de negocio, por diante da química e farmacéutica (5,71%) e da alimentación, bebidas e tabaco (4,88%).

Estes incrementos contrastaron cun descenso do 11,29% na cifra de negocio da industria téxtil, da confección, o coiro e do calzado, e do 6,38% na de madeira, cortiza, papel e artes gráficas.

En todo caso, só a de alimentación, bebidas e tabaco elevou o número de persoas ocupadas, un 0,96%, mentres que a de téxtil, confección, coiro e calzado perdeu o 9,68% da forza laboral.



URL fonte





Correo web

Enterpemes

Directorio de Empresas

Temas empresariais