Banner da portada



Inicio>Novas>Detalle

24/02/2010
I+D+i ao servizo das empresas agroalimentarias de Galicia e o Norte de Portugal

A localidade portuguesa de Viana do Castelo acollerá en breve a posta en marcha da Rede Real. Trátase dun proxecto que ten como obxectivo denvolver unha rede para compartir recursos, información e coñecemento para fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas agroalimentarias de Galicia e Norte de Portugal

 

Os organismos integrantes de Rede Real encargaranse de facilitar o acceso das empresas aos proxectos I+D+i, buscando a interacción entre o sector privado e os centros de investigación, co fin de dar solucións reais ás dificultades ás que se enfrenta esta industria.

Rede Real terá como misión o proporcionar a todas as empresas asociadas, unha carteira de servizos de tecnoloxía, consultoría e formación. Paralelamente, crearase unha oficiña para a transferencia de innovación a Pemes e Micropemes, e facilitarase un catálogo on line de servizos tecnolóxicos. Asimesmo, fomentará a formación en I+D+i, posibilitando a incorporación de técnicos nas empresas ou en centros de investigación e promoverá accións de internacionalización, extendendo a rede a outras rexións.

Seminario

As empresas e institucións relacionadas co sector asistirán, o próximo día 26 de febreiro, no Instituto Politécnico de Viana do Castelo, ao seminario Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico Agroalimentario na Rexión Norte de Portugal/Galicia. Neste seminario, membros da Rede e destacados ponentes abordarán os principais obxectivos da creación da Rede Real e analizarán os beneficios que as empresas terán ao asociarse a esta.

Cooperación

O proxecto mobiliza a cooperación entre importantes centros de investigación do sector agroalimentario do Norte de Portugal (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Universidade do Minho, Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Escola Superior de Biotecnoloxía da Universidade Católica Portuguesa) e os seus equivalentes en Galicia (Universidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela). Tamén pídese a participación de asociacións e centros tecnolóxicos (a Nervir -Asociación Empresarial; Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca- Cecopesca; e o Centro Tecnolóxico da Carne) e a Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, para así lograr constituírse como un forte núcleo transfronterizo, a partires dun proxecto de rede.

A axenda do seminario pódese consultar na web www.rede-real.eu.



URL fonte





Correo web

Enterpemes

Directorio de Empresas

Temas empresariais