Punteira no concepto de tintorerías de nova xeración, CleanClean realizou un investimento cercano aos dous millóns de dólares americanos para introducirse nesta capital, "xa que ten unha intensa actividade financeira destacando o seu centro bancario internacional". E elixe como escaparate "o seu gran crecemento inmobiliario cos maiores rañaceos de Iberoamérica". Ademais de nos citados países, a franquicia galega ruxe motores en Aruba, Colombia e Perú. Os seus horizontes de expansión americana apuntan agora cara Brasil.
Con ese obxectivo de internacionalización, a compañía presidida por Vicente Zaragoza acompañará ao Instituto Español de Comercio Exterior nas súas misións por México, Colombia, Moscú e os Emiratos Árabes, sempre á caza de novos mercados. Os seus directivos sinalan que "o noso éxito baséase en ofrecer prezos moi axustados aos clientes, grazas á introdución de novas tecnoloxías". Con guiños pioneiros como os seus caxeiros automáticos para a roupa, ao igual que nun videoclub, logran "procesar máis prendas no menor tempo posible".