Banner da portada



Inicio>Novas>Detalle

27/10/2009
A Dirección Xeral de Comercio apoiará proxectos de fomento do comercio e da artesanía no Concello de Tui

Anunciouse o compromiso da Xunta co Concello para a promoción das axudas existentes para a implantación de novos comercios no casco histórico

 

A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, acompañada pola xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, visitaron o Concello de Tui co obxectivo de comprobar as iniciativas que se están a desenvolver dende esta entidade relacionadas co comercio e coa artesanía. O tenente de alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, foi o encargado de recibir a directora xeral e a xerente, así como de lles presentar os diversos proxectos e iniciativas vinculados ás competencias deste departamento da Consellería de Economía e Industria.

Durante esta reunión, a directora xeral de Comercio anunciou a celebración de diversas actividades relacionadas coa artesanía ao longo do ano 2010 entre as que destacan as relacionadas coa formación especializada de artesáns e mais a exposición itinerante de madeira torneada “Contornos”. Por outro lado, dende o Concello de Tui tamén se anunciou a celebración dunha nova edición da Feira de Artesanía, que terá lugar no mes de maio.

En canto ao comercio, Nava Castro anunciou o seu compromiso co Concello para a promoción das axudas existentes para a implantación de novos establecementos comerciais no casco histórico de Tui.



URL fonte





Correo web

Enterpemes

Directorio de Empresas

Temas empresariais