Banner da portada



Inicio>Novas>Detalle

20/05/2009
O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou o Plan re-Móvete co obxectivo de frear a caída de ventas na automoción

Será necesaria a entrega de un vehículo con máis de dez anos de antigüidade ou con mais de 250.000 quilómetros

 

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou o Plan re-Móvete co obxectivo de frear a caída de ventas na automoción e modernizar o parque móbil de autónomos, microempresas, PEMES e particulares de Galicia.  

O Plan re-Móvete nace consensuado con todo o sector da automoción tras celebrar diversas reunións co director da factoría PSA Peugeot-Citröen, cos concesionarios e co clúster do automóbil. 

Unha das principais novidades é a especial atención que lle presta ás PEMES e ós autónomos, con especial fincapé ás pertencentes ós “sectores prioritarios”, entre os que se encontran a agroindustria, o téxtil, o sector naval, as rochas ornamentais, o audiovisual e o turismo, xa que estes, lembra, “son sectores especialmente prexudicados polos efectos da crise”. 

Respecto ás axudas plantexadas, estas superarán en ata un 300% o Plan E2000 presentado polo Goberno Central co que ademais é compatible. No caso dos vehículos comerciais, onde as axudas ascenden ata 1.500 euros para os sectores prioritarios, o conselleiro recalcou que dita prestación é superior ás aboadas por calquera país da Unión Europea así como polo resto das comunidades autónomas españolas.  

Para os vehículos de turismo, as axudas no vehículo medio dun valor de 15.000€ aumentarán un 40% coa entrada en vigor do Plan re-Móvete, xa que aqueles vehículos cun prezo de entre 10.000 e 30.000 euros recibirán unha axuda directa de 700 euros mentres que os de valor inferior a 10.000 terán unha subvención de 500 euros.  

Os requisitos para beneficiarse do plan serán os mesmos que os establecidos no Plan Vive e, posteriormente, no Plan E2000: será necesaria a entrega de un vehículo con máis de dez anos de antigüidade ou con mais de 250.000 kms.



URL fonte





Correo web

Enterpemes

Directorio de Empresas

Temas empresariais