Banner da portada



Inicio>Novas>Detalle

15/12/2009
Rías Baixas prepara a dez bodegas para que obteñan a ISO 9000

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas presenta hoxe ao sector agroalimentario galego os resultados dun proxecto cooperativo para a implantación de procedementos de xestión e control para a mellora dos viños, seguindo o referencial da normativa ISO 9000.

 

Trátase dun traballo tutelado por este consello regulador no que participaron dez bodegas da DO, asesoradas polo Grupo de Enxeñería de Organización da ETS de Enxeñeiros Industriais de Vigo (GIO), a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e polo departamento técnico do Consello Regulador. Dito proxecto enmárcase no contexto dos "Espazos de Innovación" que promove a Fundación Feuga e contou cunha axuda da UE. O obxectivo é a mellora da xestión e produción das dez bodegas que lles permitirá a obtención da certificación ISO 9000.



URL fonte





Correo web

Enterpemes

Directorio de Empresas

Temas empresariais