Banner da portada



Inicio>Novas>Detalle

09/12/2009
As empresas interesadas en incorporar innovación a través do deseño poden sumarse ao itinerario ADÑ promovido pola DDI en colaboración co Igape

O itinerario “adñ” é unha iniciativa tutelada e individualizada que afondará nos procesos internos de deseño e innovación de cada empresa participante

 

A Consellería de Economía e Industria está a apoiar, a través do Igape, a incorporación da innovación e o deseño ás Pemes galegas, no marco do programa “adñ” promovido pola sociedade especializada DDI e que vén de ser presentado en Santiago de Compostela. As empresas interesadas en incorporarse ao programa adñ e o seu correspondente itinerario cara ao diseño e a innovación poden facelo ata o próximo 14 de decembro.

O chamado itinerario adñ consiste nun conxunto de actuacións tuteladas por consultores especializados e destinadas a facilitar a implantación dunha xestión efectiva do deseño e a innovación na esencia das sociedades participantes. Cofinanciado polo FEDER TECNOLOXICO e desenvolvido en Galicia en colaboración co Igape, o programa achega un investimento de máis de 22.000 euros por empresa participante.

O programa adñ e o itinerario correspondente forman parte dun amplo conxunto de actuacións que agrupan diversas iniciativas de promoción de boas prácticas empresariais, difusión do coñecemento e actuacións directas con empresas no ámbito do deseño e a innovación como medios para a creación de valor, para a mellora da competitividade e para facilitar un crecemento económico sostido das pemes. Nesta primeira edición do itinerario adñ, e a partir dun diagnóstico da situación de partida, cada empresa galega participante abordará a creación dun plan estratéxico de deseño e innovación, a realización dun proxecto de deseño e desenvolvemento de produto e servizo e, por último, a definición e documentación dun sistema a medida para a xestión do deseño e a innovación.

Tanto o programa adñ como o itinerario e outras futuras actuacións nesta mesma liña, encádranse no Programa Operativo Plurirrexional de I+D+i por e para beneficio das empresas (2007-2013), cofinanciado polo FEDER. Este programa de ámbito estatal prevé destinar preto de 2 millóns de euros a Galicia. Para o seu desenvolvemento en Galicia, a Sociedade Estatal para o Desenvolvemento do Diseño e a Innovación, dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, subscribiu un convenio de colaboración co Igape. Máis información e incricións, na web da DDI: www.programaadñ.es



URL fonte





Correo web

Enterpemes

Directorio de Empresas

Temas empresariais