A Calidade dun produto no é algo que se engade ao final como se se pintara dunha cor o seu exterior, é algo que se coida ao longo de todo o proxecto de construcción. No software isto é especialmente certo, xa que é un resultado básicamente intelectual dependente do traballo dos profesionais especializados.
Os datos sindican que os problemas dos proxectos de software vanse reducindo progresivamente dende mediados dos noventa gracias á introducción de métodos de traballo máis sistemático se fiables (por exemplo, CMMi, ISO15504, etc.)
En Galicia foron crecendo de xeito considerable o número de empresas que teñen certificados os seus procesos de traballo para cumplir estándares, producindo un efecto beneficioso na calidade do software.
Lamentablemente, estas melloras quedaron circunscritas, sobre todo, a organizacións fortes e potentes, que contan con recursos para implantar as esixencias destes métodos. De feito, como informa INTECO nun dos seus estudos, as pemes reclaman modelos máis sinxelos e adaptados á súa estructura.
O estudo tamén informa doutro aspecto clave para o fomento da calidade: a esixencia da mesma por parte dos clientes. De novo, as grandes organizacións son as que esixen máis certificados e garantías aos seus proveedores.
Probas de software: un aspecto clave na calidade
Máis ala dos certificados e estándares xerais, o grupo de calidade do software de ATI analizou os aspectos clave a fin de detectar os posibles defectos presentes antes de que o produto se poña en funcionamento e poida orixinar calquer tipo de erro.
Os autores do informe detectaron 20 aspectos claves para que as probas sexan óptimas, e detectaron diferentes factores que afectan negativamente á realización das mesmas.
Tras consultar a un panel de expertos e preguntar a un centenar de profesionais, finalmente concluíuse que a presión do tempo para facer as probas (fanse ao final dos proxectos), a tentación de recortar a calidade cando hai problemas de tempo ou recursos, a falta de formación dos profesionais e directivos, así como as deficiencias nesta área na educación universitaria son os factores que máis inflúen en que exista esta situación.