A nova situación económica require unha adaptación permanente das PEMES aos procesoso de internacionalización, ás novas tecnoloxías, modernos sistemas de comunicación, revolucionarias fórmulas de xestión e novos e flexibles mecanismos de financiamento.
O constante crecemento de Expopyme que pasou dos 56 empresas participantes en 2006 a máis de 200, obxectivo na III edición de 2008, avala a Expopyme como punto de encontro empresarial por excelencia onde coñecer de primeira man, todas as ferramentas existentes no mercado que nos van a permitir competir de forma eficiente no contexto da actual conxuntura económica.
A celebración de Expopyme coincidirá, este ano, coa celebración do XIII Congreso Redepyme, primeira rede española de pequenas e medianas empresas, creada ao amparo do programa CRECE impartido pola Escola de Negocios EOI e financiado polo Fondo Social Europeo xunto ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Desde a organización promoveuse a posta en marcha, entre outras, de dúas iniciativas innovadoras no sector feiral, por unha banda a división por áreas que van facilitar a visita ao salón e por outro, a xestión dos contactos comerciais, co novo sistema de acreditacións posto a disposición de Expositores e Visitantes.
En definitiva Expopyme reunirá a oferta e demanda en preto de 10.000m2 de oportunidades de negocios.