GaliciaPMS

Economía e Industria apoia a consolidación de novas empresas mediante a Rede de Mentores que coordina BIC Galicia
A Rede Galega de Empresarios Mentores, dinamizada a través da  sociedade BIC Galicia, suma polo de agora a 45 empresas que buscaron o  seu apoio para avanzar nas súas fases de consolidación e crecemento. A  rede Mentoring está aberta a novas incorporacións, tanto de mentores  experimentados como de empresas interesadas en beneficiarse do apoio e  da experiencia dos mentores.

O obxectivo deste instrumento ao  servizo da consolidación empresarial é procurar que o novo emprendedor  poida apoiarse na experiencia e nas habilidades desenvolvidas polos que o  procederon no reto de poñer en marcha un proxecto empresarial de éxito,  e facelo sen custe para quen recibe apoio, e sen remuneración para quen  comparte experiencia e saber facer. Trátase, en suma, de fomentar o  desenvolvemento do tecido empresarial galego mediante a difusión do  coñecemento en materia de xestión empresarial.

Os empresarios  integrados na Rede Galega de Empresarios Mentores actúan como auténticos  voluntarios do emprendemento, comprometidos de forma altruísta e  xenerosa coa creación e a consolidación de novas iniciativas  empresariais. En momentos de incerteza económica como os actuais,  resulta aínda máis importante a achega de empresarios experimentados en  sortear outras crises.

Compostela converterase na capital europea das TIC o vindeiro 3 de setembro
Durante eses días, o Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela será a sede de celebración da 49 edición do Congreso FITCE, o simposio europeo das TIC por antonomasia como punto de encontro de profesionais das telecomunicacións, das novas tecnoloxías da comunicación e da sociedade da información, que este ano, coincidindo coa celebración do Xacobeo 2010 dedicará a súa temática central a O Camiño de Santiago e as Telecomunicacións Europeas.

Por outra banda, celebrarase a XV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, cita anual ineludible para o sector tecnolóxico galego e un dos eventos máis significativos para os enxeñeiros TIC da nosa comunidade, que terá lugar o vindeiro día 3 de setembro no devandito hotel de luxo compostelá. Nela, un ano máis, daranse a coñecer as estratexias públicas para o desenvolvemento do sector TIC, ao tempo que se lle entregarán os premios anuais a profesionais e a empresas destacadas, os cales, terán a oportunidade de confraternizar, nunha cea de honra posterior.

Nesta edición, a directora da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Edita de Lorenzo, recibirá o galardón de Enxeñeira do Ano, distinción concedida pola súa decisiva contribución á formación académica e capacitación profesional dos futuros enxeñeiros de telecomunicación de Galicia, desde o seu posto de directora da ETSET da Universidade de Vigo.

Asemade, nesta nova edición de FITCE, organizada pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), co respaldo da Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación (AEIT), debaterase sobre o estado e os proxectos de futuro das infraestruturas de telecomunicacións na Unión Europea baixo o lema The Way of Santiago and the European Telecommunications, na honra á sede que alberga o congreso e a celebración do Ano Xacobeo 2010.

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia será o escenario no que se desenvolverá o programa científico do Simposio composto por once presentacións orais, catro sesións de posters e dúas mesas redondas (integradas polos principais fabricantes e operadores de telecomunicacións do noso país). Os relatores analizarán o campo dos servizos e aplicacións TIC, afondando na nova era tecnolóxica e nas aplicacións avanzadas que permitirán acceder a infraestruturas intelixentes. Darán un paso máis no camiño cara ás redes de vindeira xeración. E analizarán a aplicación da fórmula I+D á configuración de Internet, á vez que abordarán os retos aos que se enfrontarán os reguladores das telecomunicacións ao vivir inmersos na Sociedade da Información.

Igalia achégalle as vantaxes do software libre ó entorno empresarial
As xornadas, que terán lugar nas fins de semanas de setembro, comprenden a celebración de mesas redondas nas que os alumnos do máster e outras persoas interesadas poidan coñecer as saídas laborais e oportunidades de negocio que hai do redor do software libre, tanto no ámbito local como internacional; así como a presentación de proxectos de software libre por parte de empresas de Agasol e seminarios técnicos impartidos por profesores do máster.

O programa, entre outras cousas, inclúe un seminario sobre enxeñaría lingüística e software libre e outro sobre os conceptos básicos de búsqueda na Rede con Lucene e Nutch, impartidos por profesionais do sector. A entrada é de balde porén requírese a inscrición previa das persoas participantes para controlar o aforo. Posto que as prazas están limitadas, a organización rexistrará as inscricións por “estrita orde de chegada”.

O formulario de inscrición atópase dispoñible na páxina oficial do evento.

Coren cambia a xestión da área de negocio de comidas preparadas
Conforme á información oficial, Julio César Barros deixa tanto a presidencia como o seu posto de conselleiro en Coren Grill, se ben continúa ligado á compañía para potenciar a área de clientes de hostelería, unha función que xa está a desempeñar na actualidade.

O seu posto na presidencia pasa a ocupalo José Francisco Ruiz, xa integrado en Coren Grill na súa condición de conselleiro delegado, cargo que segue mantendo, aínda que de xeito mancomunado con Emilio Rial, á súa vez director xeral adxunto de todo o grupo agroalimentario.

Outro dos cambios afecta a María Gómez-Franqueira, filla do primeiro directivo do grupo, Manuel Gómez-Franqueira, que no só como vicepresidenta senón que pasa a asumir funcións executivas en Coren Grill como apoderada.

Economía e Industria prorroga o programa de garantías re-Brote para financiar circulante ás empresas
O prazo de presentación de solicitudes ao amparo do programa de garantías re-Brote, destinado a facilitar o financiamento de circulante para as empresas galegas, estará aberto ata o 31 de decembro de 2010, como consecuencia da autorización  de prórroga de prazo de vixencia aprobada polo Consello da Xunta e que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. Este programa facilita operacións de financiamento de circulante por un importe mínimo de 300.000 euros avaladas polo Igape nunha porcentaxe comprendida entre o 40 e o 60%.

Na formulación inicial, o prazo de presentación de solicitudes para o programa re-Brote remataba o 30 de decembro de 2009, pero a Consellería de Economía e Industria xa decidira prorrogalo ata o pasado 30 de xuño para intensificar os apoios ao financiamento de circulante para autónomos, emprendedores, microempresas e empresas, especialmente afectados polas restricións crediticias. O programa re-Brote prorrógase agora ata o próximo 31 de decembro, para manter en vigor os seus obxectivos; este programa de garantías será complementado polo re-Solve+, xa aprobado pola Consellería e Industria a través do Igape para substituír -ampliando e mellorando- o re-Solve; o re-Solve+ será publicado no DOG en datas próximas.

O programa re-Brote  está destinado a facilitar o acceso a liñas de financiamento operativo adicional de empresas medianas e grandes. Pola súa parte, a liña denominada re-Solve+, está orientada a facilitar o acceso ao circulante para as microempresas, as pemes e os autónomos.

Xunto coas principais entidades financeiras que operan en Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía e Industria, veu realizando durante os últimos meses un importante esforzo para subvencionar custos financeiros e compartir riscos mediante os programas re-Brote e re-Solve; dada a situación económica actual, a Consellería de Economía e Industria estima que resulta imprescindible que a administración manteña esta liña de traballo e comparta riscos co tecido empresarial, coas entidades financeiras e as SGR en determinadas operacións, mediante o afianzamento parcial de liñas de financiamento operativo.

O Ministerio de Industria, Turismo y Comercio promocionará o produto turístico “Rutas del Vino de España”
O Secretario de Estado de Turismo, Joan Mesquida, asinou hoxe co presidente da Asociación de Pequeñas y Medianas Ciudades  Vitivinícolas (ACEVIN), José Fernando Sánchez Bódalo, e o presidente da Sociedad Estatal para la Gestión de la Innovación y las Tecnologías  Turísticas (SEGITTUR), Javier Bustamante Moreno, o Plan anual de  actuación para o desenvolvemento e promoción turística do produto “Rutas  del Vino de España”.

Por este acordo, o Instituto de Turismo de España (Turespaña) comprométese a continuar traballando no canle temático sobre as Rutas  do Viño dentro do seu portal de promoción turística www.spain.info,  incorporando ao mesmo aquelas novas rutas que se certifiquen. Para iso, ACEVIN porá a disposición de Turespaña, a través de SEGITTUR,  toda a información necesaria para o mencionado canle.

ACEVIN programará, a través de SEGITTUR, unha publicación editorial  de carácter bimestral, aportando a redacción dos textos e a súa tradución ao inglés, francés e alemán e en aqueles idiomas que se  consideren para distribuilos a través dos portais das Oficinas  de Turismo de España no exterior.

Igualmente publicarase un folleto sobre as Rutas do Viño  certificadas ata febreiro de 2010 e traducirase ao francés e alemán.

Campaña internacional de publicidade

O acordo contempla a realización dunha campaña “on-line”  conxunta de publicidade internacional, valorada en 96.000 euros, dos  que Turespaña aportará 64.000, e que estará aberta á participación  doutras institucións como Comunidades Autónomas ou Corporacións  Locais.

Trátase do quinto ano que se asina este convenio de promoción de  “Rutas del Vino de España” con ACEVIN, o que supuxo un investimento de 480.000 euros, dos que Turespaña aportou 320.000 euros.

Ademais, o convenio recolle outras accións de promoción e comercialización deste produto a través de viaxes de prensa  procedentes do mercado alemán, así como de axentes e operadores  turísticos arxentinos. Tamén se realizarán accións de marketing  directo mediante o envío de correos electrónicos con ofertas  comerciais concretas a unha selección de consumidores potencialmente  interesados.

Rutas do Viño de España

Esta experiencia, que busca articular unha oferta global sobre  turismo do viño baixo a premisa da calidade e a cooperación, está  formada por 13 Rutas Certificadas e 8 en proceso de certificación,  repartidas ao longo de 13 Comunidades Autónomas e 27 provincias, con  máis de 2.000 empresas do sector turístico e enolóxico asociadas.

En 2009, o número de visitantes das adegas asociadas ás Rutas do Viño de España ascendeu a 1.423.253, o que representa un  incremento de 224.254 visitantes (19% máis) respecto ás cifras  rexistradas en 2008.

Galicia medra en banda larga, segundo a CMT
De feito, seguimos a nivel de penetración nos postos da táboa onde fai frío nin calor, cun índice que por provincias é do 18,4 na Coruña e (no punto contrario) do 13 en Ourense. No resto do Estado, a táboa estaría encabezada por Madrid, con 26,2 liñas por cada 100 habitantes, seguida de Catalunya (con 24,2), Balears (23,1), Euskadi (22,4), Canarias (22,2) e Asturias (21,7).

Polo que respecta ao cable, dicir que o nivel medo de presenza foi de 4,1 liñas para cada 100 habitantes, practicamente o mesmo que no ano anterior. Pola influenza dos operadores de cable que alí despregan o seu traballo, Euskadi lévase a palma cunha taxa do 9,6, seguida de Asturias cun 8,5 e Cantabria cun 8,5. Polo que atinxe á banda larga achegada por compañías alternativas a través do desagregamento de bucles, as porcentaxes máis elevadas foron para Madrid e Catalunya, con cifras do 20,4 e do 19,6, respectivamente. Os operadores de cable acadaron unha boa porcentaxe en Asturias (co 44% do total), Euskadi (co 43,7), Cantabria (co 39,6%) e Galicia (38,8%).

O Goberno aproba o Plan Avanza 2 en busca doutro modelo económico
O Ministerio de Industria emitíu unha nota na que explicaba que o plan centrará os seus esforzos en dez obxectivos. Ademais dos citados, destacou o extender a cultura da seguridade, promover procesos innovadores de TIC na administración pública e extender as TIC á sanidade e a educación.

O executivo estabeceu metas cuantificables para analizar o grao de consecución do plan, entre as que destacan proporcionar servizo universal de banda larga con unha velocidade de 1 mega en 2011 e que para 2015 o 80% da poboación dispoña de banda larga de 10 megas e o 50% de 100 megas. A vicepresidenta primera, María Teresa Fernández de la Vega, destacou outra: lograr 300.000 novos empregos entre 2011 e 2015, informou Efe.

O Goberno, ademais, quere alcanzar un aforro enerxético de ata un 20% a partires de 2011 polo uso de redes e edificios intelixentes, incrementar máis do 50% as exportacións TIC en 2014, que o 60% das empresas utilice a factura electrónica para 2015, que o 50% da poboación merque por Internet e que o impacto global das TIC sobre o PIB sexa do 30%. Tamén quere que o sector de contidos medre unha media do 20% cada ano.

O plan, que busca cambiar o modelo económico e situar a España nunha posición de liderado en TIC, non está vinculado a unha dotación concreta. Este marca unhas prioridades que se adoptarán dentro do marco orzamentario que se aprobe cada ano.

Preto da metade das empresas enviarán as súas contas ao rexistro mercantil por Internet
Isto significa que a porcentaxe de empresas que fixeron uso desta plataforma en liña desde a súa posta en marcha en 2004 incrementouse nun 37 por cento respecto ao periodo fiscal 2008-2009, unha cifra que manifesta a consolidación desta tecnoloxía entre o noso empresariado. Ademais do envío de libros para legalización, cuxo prazo finalizou o 30 de abril, o vindeiro 30 de xullo finaliza o prazo para que as empresas envíen as súas contas anuais do ano 2009 para o seu depósito, esperándose que máis do 40 por cento das devanditas empresas usen Internet e a plataforma de SCR para facelas chegar ao rexistro mercantil que lle corresponda sen necesidade de facer colas. De feito, a estimación que está a barallar SCR en referencia ao uso do servizo é que “máis de 450.000 empresas usarán o portal electrónico para facer chegar as súas contas anuais”. Segundo palabras de Arjan Sundardas, director xeral do Servizo de Certificación dos Rexistradores, este incremento “espectacular” de recepción de libros na maioría dos rexistros, “é unha mostra de que os empresarios españois cada vez coñecen mellor as ferramentas tecnolóxicas que os rexistros poñen ó seu alcance e son máis conscientes dos beneficios que o seu uso lles reporta”. Os rexistros de Madrid, Valencia e Barcelona son os que máis libros recibiron no último periodo; Lanzarote é o único rexistro no que diminuíu o número de empresas que enviaron os seus libros e Vizcaia foi a cidade co maior índice de crecemento respecto ao 2009.

Gadisa venderá os produtos amparados pola marca de calidade galega
En concreto, con esta iniciativa, os produtos que contan co distintivo da marca de garantía aparecerán dun modo destacado, tanto nos folletos informativos como nos liñales dos supermercados situados en Galicia e en Castela e León, para que o consumidor sepa que pertencen ao selo galego.

Esta acción promocional comezará mañá  e estará presente nos establecementos ata o 16 de agosto. Baixo o paraugas da semana dos produtos gallegos, aqueles que conten ademais co selo de garantía de Galicia Calidade aparecerán diferenciados nos liñales dos supermercados.

Esta iniciativa permitirá ao consumidor coñecer de primeira man que produtos galegos contan coa garantía e a confianza que lle confire a única marca de garantía pública e galega. Ademais, Gadisa distribuirá nos seus 175 establecementos máis de 400.000 folletos promocionais onde se recollerán tamén os produtos amparados por Galicia Calidade. A acción contará tamén con campañas publicitarias en radio e prensa para informar aos consumidores da actividade.

A iniciativa diríxese principalmente a aqueles produtos amparados por Galicia Calidade que pertencen ao sector alimentario, que na actualidade supón máis do 90% do total. Dos máis de 100 produtos con este selo a día de hoxe hai que destacar que a maioría deles xa se atopan presentes nos establecementos propiedade de Gadisa pero que, a través desta colaboración, aparecerán especialmente destacados polo feito de estar avalados polo marchamo de garantía.