Inicio>Privacidade
Privacidade

Orde do 6 de febreiro de 2008 pola que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal correspondentes ao portal das Pemes galegas Galiciapms da Consellería de Innovación e Industria.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexer os dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente o seu honor e intimidade, tanto persoal como familiar.

A devandita lei, no seu artigo 20.1º, dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou no diario oficial correspondente.

A Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, conta entre as súas atribucións as que corresponden á planificación, coordinación, execución e seguimento das accións e liñas de apoio que, en política e materia de pequenas e medianas empresas, establece e dirixe cara á empresa e ao tecido industrial da comunidade autónoma.

Con esta finalidade preténdese implantar unha ferramenta chamada portal das Pemes galegas, en que se centralizará a información relevante que atinxe as pequenas e medianas empresas de Galicia.

En consecuencia, en virtude das facultades conferidas polo artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro e pola Lei 12/2007, do 27 de xullo,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante esta orde, a Consellería de Innovación e Industria crea os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal correspondentes ao desenvolvemento do portal das Pemes galegas Galiciapms.

Artigo 2º.-Contido.

A información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde para os ficheiros que se crean.

Artigo 3º.-Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal rexistrados nestes ficheiros automatizados da Consellería de Innovación e Industria creado por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas, aplicarase o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa vixente na materia.

Artigo 5º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2008.
Fernando Xabier Blanco Álvarez
Conselleiro de Innovación e Industria

ANEXO

Ficheiros de datos de carácter persoal correspondentes ao portal das Pemes galegas Galiciapms da Consellería de Innovación e Industria

* Ficheiro: foros do portal Galiciapms.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.Proporcionar o intercambio de ideas, opinións, preguntas e información relacionada coas distintas actividades da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información a través de diversos foros temáticos, que se levarán a cabo e serán coordinados polas distintas unidades de produción dependentes deste organismo.

b) Colectivos sobre os que se pretende obter datosde carácter persoal.Todas aquelas persoas que queiran participar nos foros e se conecten por vía internet a este servizo.

c) Procedemento de recollida de datos.Formulario web.

d) Estrutura básica.Base de datos.e) Cesión de datos (ou transferencia de datos previstaa países terceiros): ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Consellería de
Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

g) Dereitos de acceso: os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o órgano responsable do ficheiro nas súas dependencias sitas nos edificios administrativos de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.
Básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos no foro temático:
-Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, correo electrónico, NIF, enderezo de residencia, teléfono, fax, páxina web e lingua preferida.

* Ficheiro: boletíns do portal Galiciapms.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.
Envío de boletíns relacionados coas novas, eventos e demais información de interese da temática do portal.

b) Colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.
Todas aquelas persoas que queiran recibir información relativa á temática do portal.

c) Procedemento de recollida de datos.
Formulario web.

d) Estrutura básica.
Base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países terceiros): ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Consellería de
Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

g) Dereitos de acceso: os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o órgano responsable do ficheiro nas súas dependencias sitas nos edificios administrativos de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.
Básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos no foro temático:
-Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, correo electrónico, NIF, enderezo de residencia, teléfono, fax, páxina web e lingua preferida.

* Ficheiro: taboleiro de anuncios.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.
Proporcionar aos usuarios do portal unha ferramenta onde publicar as súas demandas e ofertas, tanto de produtos como de emprego.

b) Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.
Todas aquelas persoas que queiran publicar un
anuncio no portal.

c) Procedemento de recollida de datos.
Formulario web.

d) Estrutura básica.
Base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países terceiros): ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

g) Dereitos de acceso: os dereitos de acceso, rectificación,cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o órgano responsable do ficheiro nas súas dependencias sitas nos edificios administrativos de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.
Básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos no foro temático:
-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, data de nacemento, sexo, NIF, enderezo, teléfono e correo electrónico.

* Ficheiro: correo electrónico do portal Galiciapms.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.
Proporcionar aos usuarios do portal un enderezo de correo electrónico.

b) Colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.
Todas aquelas persoas que queiran empregar o correo electrónico de Galiciapms.

c) Procedemento de recollida de datos.
Formulario web.

d) Estrutura básica.
Base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países
terceiros): ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

g) Dereitos de acceso: os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o órgano responsable do ficheiro nas súas dependencias sitas nos edificios
administrativos de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.
Básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos no foro temático:
-Datos de carácter identificativo: nome, apelidos,correo electrónico, NIF, enderezo de residencia, teléfono, fax, páxina web e lingua preferida.

* Ficheiro: Pemes de Galicia: produtos e servizos.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.
Proporcionar un escaparate ás empresas galegas na internet, onde poidan dar información sobre as súas actividades, produtos e servizos que ofertan e demais información que consideren de interese.

b) Colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.
Persoas acollidas ao réxime xeral de traballadores autónomos que desexen figurar no escaparate de empresas.

c) Procedemento de recollida de datos.
Formulario web.

d) Estrutura básica.
Base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países terceiros): ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

g) Dereitos de acceso: os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o órgano responsable do ficheiro nas súas dependencias sitas nos edificios administrativos de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.
Básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos no foro temático:
-Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, correo electrónico, NIF, enderezo de residencia, teléfono, fax, páxina web e lingua preferida.

* Ficheiro: Enterpemes.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.
Proporcionar un servizo de comunicación multimedia que permita as empresas e autónomos comunicarse a través de mensaxes escritas, conversas orais e videoconferencias.

b) Colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.
Persoas acollidas ao réxime xeral de traballadores autónomos que queiran utilizar o servizo ofertado.

c) Procedemento de recollida de datos.
Formulario web.

d) Estrutura básica.
Base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países terceiros): ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

g) Dereitos de acceso: os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o órgano responsable do ficheiro nas súas dependencias sitas nos edificios administrativos de San Caetano,15781 Santiago de Compostela.