
A sección de máis envergadura con respecto á información é a de temas empresariais , onde tanto empresas xa iniciadas como empresas que desexen comezar a súa andadura poderán consultar información moi importante relacionada cos distintos ámbitos do mundo empresarial que poden ser de interese para as pemes, como poden ser as seccións vixilancia tecnolóxica, formación, patentes e marcas, internacionalización, etc.
Os contidos que se mostran nestas seccións están separados en diferentes temáticas, e pretenden indagar en cada unha das facetas claves coas que unha empresa se enfronta durante a execución da súa actividade.
Os temas empresariais pretenden ser de utilidade para todo tipo de pemes galegas e serve coma un gran repositorio de información de relevancia sobre moitos dos aspectos do mundo empresarial.
Dentro desta sección, haberá información reservada exclusivamente para usuarios rexistrados en GaliciaPMS.
A estrutura da páxina desta sección é a seguinte:
Como se pode ver, a estrutura da páxina é a seguinte:
Esta mesma estrutura séguese en todas as subseccións. A modo de exemplo, citaremos algunhas delas a continuación:
Vixilancia Tecnolóxica
Pódese ver a continuación unha páxina estándar da sección de temas empresariais .
A estrutura da páxina é similar á inicial do servizo, coa información na zona da esquerda, a lista de temas no centro, e o acceso ao foro e distintas seccións do portal á dereita.
Formación
Esta subsección difiere lixeiramente na súa estructura con respecto ao resto de subseccións de temas empresariais.
Neste caso, a columna central e dereita permanecen igual, pero a zona de contidos da esquerda mostra ademais unha listaxe cos distintos temas nos que está categorizada a información dispoñible nesta sección de formación.
Premendo sobre calquera delas, accederase ao tema de formación correspondente:
Na zona de contidos da esquerda mostraranse os cursos dispoñibles. Tratarase de ficheiros en diferentes formatos: pdf, presentacións, etc. Para acceder aos mesmos, simplemente haberá que premer no título.
Na zona central lístanse os distintos temas de formación dispoñibles, podendo acceder a eles tamén premendo nos seus nomes.