Inicio>Axuda>Servizos do portal>Programas e servizos
Programas e Servizos

 

A Consellería de Innovación e Industria pon a disposición de todos os usuarios, profesionais ou empresas, información relacionada con programas de pemes, axudas e subvencións de carácter institucional agrupadas en dúas seccións: axudas e subvencións e programas para pemes.

Tamén existe unha subsección denominada ‘servizos online para pemes’, con información estatística, axudas para a creación de empresas e ligazóns de interese para pemes.

É posible acceder a estas subseccións de dous xeitos:

- A través do menú principal, despréganse ao posicionar o rato en Programas e servizos


Programas 1

 

- Dentro da propia páxina de Programas e servizos aparecen ligazóns ás tres subseccións.


Programas 2

Na columna central amosanse as últimas axudas e subvencións e programas para pemes publicadas no portal. Para ir ao detalle de calquera delas, simplemente hay que premer sobre o título das mesmas.

 

Axudas e Subvencións

Ao entrar nesta sección a pantalla que vemos é a seguinte:


Programas 3

Na zona central de contidos, lístanse todas as axudas e subvencións publicadas no portal, cun paxinador para acceder a todas as páxinas na zona inferior. Se se desexa entrar a ver o detalle dalgunha delas, é suficiente con facer clic sobre o título da mesma.

Na columna dereita, aparecen dous contidos :

  • Ligazón ao tema “axudas e subvencións” do foro
  • Listaxe coas axudas e subvencións máis visitadas

Na columna da esquerda aparece unha categorización dos tipos de axudas e subvencións, que ademais funciona como unha ligazón para obter un filtrado das axudas e subvencións listándose ao pulsalo todas as axudas e subvencións dentro desa categoría. Esta listaxe aparecerá na zona central, manténdose a estrutura da páxina.

A modo de exemplo, se seleccionamos “axudas a formación” amosaríase a seguinte pantalla:


Programas 4

Neste caso, dentro da sección o máis visitado soamente se fai referencia ás axudas dentro desta categoría de “axudas a formación”.

 

Programas para PEMEs

Nesta sección, séguese idéntica estrutura e funcionamiento que na sección de axudas e subvencións.

Ao entrar en programas para pemes a pantalla que vemos é a seguinte:


Programas 5

Na zona central de contidos, lístanse todos os programas para pemes publicados no portal, cun paxinador para acceder a todas as páxinas na zona inferior. Se se desexa entrar a ver o detalle dalgunha delas, é suficiente con facer clic sobre o título da mesma.

Na columna dereita, aparecen dous contidos :

  • Ligazón ao tema “programas para pemes” do foro
  • Listaxe cos programas para pemes máis visitados

Na columna da esquerda aparece unha categorización dos tipos de programas para pemes, que ademais funciona como unha ligazón para obter un filtrado dos programas para pemes, e ao pulsar sobre unha delas lístanse todos os programas para pemes dentro desa categoría. Esta listaxe aparecerá na zona central, manténdose a estrutura da páxina.

 

Servizos online para PEMEs

Este é un servizo exclusivo para usuarios rexistrados no portal.

Se un usuario non rexistrado accede ao mesmo, mostraráselle unha pantalla indicándolle este feito, ofrecéndolle unha ligazón á páxina de rexistro do portal:


Programas 6

Unha vez un usuario rexistrado entra nesta sección de servizos online para pemes, atópase coa seguinte pantalla:


Programas 7

Na zona central aparece unha listaxe con todas as publicaciones da sección, e na zona da dereita un rexistro das máis visitadas.

Para acceder ao detalle dunha delas, simplemente hay que pulsar sobre o título da mesma.

Na columna da esquerda, aparece unha categorización desta sección, con tres categorías diferentes:

  • Unión Europea Internacional
  • Axuda a creación de empresas
  • Información estatística

Premendo sobre calquera delas, realízase un filtrado, de maneira que na zona central listaranse os contidos correspondentes a esa categoría, e a columna da dereita fará referencia tamén aos máis visitados de dita categoría. A modo de exemplo:


Programas 8