
Na parte superior dereita do portal aparece un menú cunha serie de utilidades para os usuarios:
Foros
O portal de servizos e promoción para as Pemes galegas GaliciaPMS dispón dunha zona de foros na que os usuarios rexistrados poderán comunicarse entre eles. Os usuarios non rexistrados no portal poderán ler as mensaxes, pero non escribir novas mensaxes nin responder aos existentes.
Están definidas varias categorías e varios temas dentro desas categorías, dacordo cos menús do portal. Dende a sección correspondente a cada tema hay un enlace a dito tema no foro.
O funcionamiento é similar a calquer outro foro
Alarmas de Interese
Esta sección está reservada para uso exclusivo dos usuarios rexistrados do portal.
No proceso de rexistro no portal, ao usuario pídeselle que indique cales son as súas áreas de interese.
Por tanto nesta sección de alarmas de interese mostraranse para cada usuario as últimas noticias, eventos, anuncios, etc. en base aos intereses definidos durante o rexistro.
Estas áreas de interese non son obrigatorias, polo que, en caso de que o usuario non indique ningunha, esta sección aparecerá vacía.
Correo WEB
O portal de servizos e promoción para as Pemes galegas GaliciaPMS pon a disposición dos seus usuarios rexistrados unha conta de correo de maneira que a consulta de mensaxes e demais accións relacionadas poidan ser accesibles vía web a través do portal.
A esta conta accederase directamente dende a ligazón situada no menú de utilidades da zona superior da páxina ou a través do seguinte banner posicionado en varias páxinas do portal:
O aspecto do correo é o seguinte:
Iniciar Sesión
Para poder acceder a todos os servizos e funcionalidades de GaliciaPMS, é necesario que o usuario se rexistre no portal. Un usuario pode, ademais, rexistrar unha empresa no portal para, por exemplo, usar a sección de enterpemes ou redactar anuncios de oportunidades comerciais.
Para acceder á totalidade dos servizos, o usuario encontrará un enlace na zona superior dereita do portal.
Premendo na ligazón de iniciar sesión, accedese a páxina de login seguinte, onde están os campos de introdución de usuario e contrasinal nos que o usuario debe introducir os mesmos valores cos que se rexistrou.
Tras introducir o usuario e contrasinal, prémese entrar, co que aparecerá a seguinte pantalla:
En caso de introducir incorrectamente a contrasinal ou o usuario, aparecerá unha mensaxe.
Se non recordas a túa contrasinal, disponse dunha ligazón para solucionalo:
Ao seleccionar esta opción, mostrarase a seguinte pantalla:
O usuario debe especificar o seu nome de usuario e o enderezo de correo co que se rexistrou, e enviaráselle unha mensaxe cun nova contrasinal.
Modificación de datos de usuario
Se o usuario desexa modificar os datos cos que se rexistrou no portal, pode facelo unha vez iniciada a sesión.
Desta maneira, accederá a un formulario similar ao que utilizou durante o seu rexistro, no que aparecen os seus datos actuais e poderá modificalos.
Debe introducir de novo os valores da contrasinal por temas de seguridade. Pode aproveitar este momento para cambiala.
Por último, deberá aceptar as condicións de privacidade e introducir o código de verificación, e premer o botón de aceptar. Mostraráselle a seguinte mensaxe: