
Nesta sección disporase de información relacionada cos eventos que se levarán acabo tales como feiras, seminarios, cursos,... que transcurrirán nun futuro próximo relacionados con calquera dos temas que se trata no portal GaliciaPMS.
A información detallada dos mesmos dará a coñecer o lugar, datas de celebración, forma de contacto...
Ademais como información adicional aparecerá na zona dereita do portal un calendario coas datas nas que exista algún evento marcadas, de maneira que se poida buscar facilmente os eventos existentes nunha data dada.
A información contida neste apartado será visible para todos os usuarios que se conecten ao portal.
Ao entrar na sección veremos o seguinte:
Na zona central mostraranse as últimas oportunidades comerciais publicadas.
A listaxe de eventos publicados móstrase na zona esquerda do portal. Aí aparecerá unha listaxe cos próximos eventos interesantes para as pemes. Para acceder ao detalle dos mesmos, simplemente haberá que pulsar sobre o título.
No detalle dos eventos, aparece toda a información dispoñible do evento, co engadido dun mapa indicando a ubicación xeográfica do mesmo .
Por último, pódese observar na zona dereita da páxina de eventos un calendario
O usuario poderá navegar por este calendario da seguinte maneira:
Os cadros marcados en vermello son días nos que hai rexistrado algún evento. Se prememos sobre alguna desas datas co rato, mostraransenos os eventos dispoñibles nesa data: