
Obxecto da sección
O obxecto desta sección é servir de punto de encontro para as Pemes permitindo a éstas establecer relacións comerciais entre sí, e está reservada para uso exclusivo de empresas rexistradas.
Dende esta sección, posibilítase ademáis o contacto directo entre dous interlocutores mediante o uso do chat e incluso a videoconferencia.
Este é un servizo exclusivo para usuarios rexistrados do portal, salvo os usuarios particulares (non asociados a empresa ou asociación e non autónomos). Se un usuario non rexistrado intenta acceder, se lle amosará unha mensaxe indicándollo e suxirindolle que se rexistre no portal.
![]() |
No caso de que sexa un usuario particular, tamén se lle amosará unha mensaxe.
![]() |
Engadir contactos
A primeira vez que un usuario non particular se conecte a este servizo, apareceralle a seguinte pantalla:
![]() |
Para comezar a comunicación entre empresas o primeiro paso será engadir empresas como contactos, para o cal se debe buscar a empresa na subsección Pemes de Galicia: produtos e servizos, situada dentro da sección de Oportunidades de Negocio no menú principal.
Tamén se pode acceder a dita sección pulsando sobre a seguinte imaxe que aparece na columna dereita:
![]() |
A forma de buscar empresas neste directorio atópase descrita na propia sección.
Unha vez localizada a empresa buscada, pódese 'engadir como contacto', e engadiráse a túa lista de contactos.
Unicamente é posible engadir aos teus contactos as empresas actualmente rexistradas no portal.
Estes contactos engadidos mostraránse na sección de Enterpemes nunha lista de empresas de contacto na columna dereita do portal, na que aparecerán cun boneco en cor azul se dito contacto está conectado ou en gris se non o está.
Se un contacto está conectado, pódese establecer unha conversación de tres formas: mediante chat, mensaxes a través do seu chamado ‘espazo empresarial’ ou vídeo pulsando sobre o icono do boneco. As conversacións a través de mensaxes manteránse rexistradas.
Para eliminar unha empresa da túa lista de contactos, debes premer sobre a cruz.
Conversación mediante mensaxes
Para establecer unha conversación cunha empresa, o modo de facelo é entrar no seu espazo empresarial e escribirlle unha mensaxe.
Para entrar no seu espazo empresarial pódese facer de dúas formas:
Non é necesario que unha empresa esté rexistrada para escribirlle mensaxes, posto que os verá no seu espazo empresarial cando se conecte.
Unha vez no seu espazo empresarial, hay que pulsar ‘Crear unha nova conversación’, e aparecerá a seguinte caixa de texto para escribir a mensaxe desexada:
Escrita a mensaxe, pulsase aceptar, e esa mensaxe quedaráse no espacio empresarial da empresa destinataria, indicando o nome da empresa que deixou a mensaxe. Pulsando no nome da empresa, accedese neste caso a súa ficha de empresa, que mostra información sobre a súa actividade e os seus datos de contacto.
Unha vez que a empresa receptora vexa a mensaxe, pode responder directamente ao mesmo, e as respostas sempre se gardan no espacio empresarial no que se iniciou a conversación, polo que a outra empresa interesada deberá acudir ao mesmo para ver as respostas.
Chat e vídeo
A outra maneira de comunicarse mediante Enterpemes é mediante chat e vídeo.
Ambas aplicacións funcionan da mesma maneira, a diferencia estriba en que o usuario que fai uso do servizo teña ou non videocámara no seu equipo.
Neste caso, a empresa coa que quiera comunicar si debe estar conectada, xa que doutra forma non podería responder.
Para activar o servizo, pulsase o bocadillo situado á dereita do nome da empresa.
Á empresa destinataria chegarálle unha mensaxe indicándolle que a empresa orixinaria da petición desexa establecer unha conversación con ela, e ofrécense as opcións de aceptala ou de rexeitala.
Se se rexeita, non ocurre nada, pero se se acepta, abriráse unha fiestra na que galiciapms.eu informa da conexión que se vai a realizar.
Débese pulsar aceptar, e despois pausa e play.
A partires deste punto poden manter unha comunicación mediante texto ou directamente falando no caso de dispoñer de videocámara.