Inicio>Axuda>Seccións de GaliciaPMS
Seccións de GaliciaPMS

 

O portal GaliciaPMS divídese en 7 seccións principais, cada unha das cales ten un obxectivo diferenciado e claro.

Cada seccións principal correspóndese cunha entrada de nivel 1 do menú horizontal.

Enterpemes

O obxecto desta sección é servir de punto de encontro para as PEMEs permitindo a estas establecer relacións comerciais entre sí, e está reservada para uso exclusivo de empresas rexistradas.

Dende esta sección, posibilítase ademais o contacto directo entre os interlocutores mediante o uso do chat e incluso a videoconferencia.

Para comenzar a comunicación entre empresas o primeiro paso será engadir empresas como contactos, para o cal débese buscar a empresa na subsección Pemes de Galicia: productos e servizos, situada dentro da sección de Oportunidades de Negocio.

Unha vez localizada a empresa buscada, debe premerse na ligazón 'engadir como contacto', e engadirase a listaxe de contactos que ten cada empresa na zona dereita da sección Enterpemes. Cada vez que unha empresa rexistrada entre nesta sección, mostraránse unhas listas de empresas de contacto, que aparecerán con un boneco en cor verde se dito contacto está conectado ou en gris se non o está.

Se un contacto está conectado, pódese establecer unha conversación de tres formas: mediante chat, mensaxes a través do seu chamado ‘espazo empresarial’ ou vídeo pulsando sobre o icono do boneco. As conversacións a través de mensaxes manteranse rexistradas.

Para eliminar unha empresa da lista de contactos, debese premer sobre a cruz situada a carón do boneco.

 

Oportunidades de Negocio

O obxectivo desta sección é que as pemes galegas xeneren oportunidades e negocio entre elas.

A consecución deste obxectivo pretende ser facilitado polos servizos que se ofrecen nesta sección do portal:

  • Pemes de Galicia: Directorio de empresas coa posibilidade de dispoñer dunha páxina propia, na que destacar información relevante sobre a empresa, así como a posibilidade de insertar un logo ou fotografía e un vídeo descriptivo.
  • Proveedores TIC: Directorio de empresas deste sector.
  • Oportunidades comerciais: Un punto de intercambio de ofertas e demandas, no que soamente as empresas rexistradas poden introducir información.

Programas e Servizos

A Consellería de Innovación e Industria pon a disposición de todos os usuarios, profesionais ou empresas, información relacionada con programas de pemes, axudas e subvencións de carácter institucional.

Estas están agrupadas en dúas seccións: axudas e subvencións e programas para pemes. Á súa vez, estas axudas e programas estarán clasificadas en base á seguinte clasificación:

  • Creación e promoción empresarial. Inicio e ampliación de actividades
  • Axudas á formación
  • Innovación, ciencia e tecnoloxía

Tamén existe unha subsección denominada ‘servizos online para pemes’, con información estatística, axudas para a creación de empresas e enlaces de interese para pemes.

 

Temas Empresariais

A sección de máis envergadura con respecto á información é a de temas empresariais, donde tanto empresas xa iniciadas como empresas que desexen comezar a súa andadura poderán consultar información moi importante relacionada cos distintos ámbitos do mundo empresarial que poden ser de interese para as pemes, como poden ser as seccións formación, patentes e marcas, internacionalización, etc.

Os contidos que se mostran nestas seccións están separados en diferentes temáticas, e pretenden indagar en cada unha das facetas claves coas que unha empresa se enfrenta durante a execución da súa actividade.

Os temas empresariais pretenden ser de utilidade para todo tipo de pemes galegas e serve de repositorio de información de relevancia sobre moitos dos aspectos do mundo empresarial.

Dentro desta sección, habrá información reservada exclusivamente para usuarios rexistrados en GaliciaPMS.
 


Novas

Na sección de novas móstrase toda a información relevante e actual do que vai sucedendo no mundo relacionado coas pemes e as empresas galegas. Todas as novas que cheguen ao equipo de GaliciaPMS serán incluidas neste punto e poderán ser consultadas por todos os usuarios que se conecten ao portal.

 

Eventos

Nesta sección disporase de información relacionada con eventos tales como feiras, seminarios, cursos,... que transcurrirán nun futuro próximo relacionados con calquera dos temas que se tratan no portal GaliciaPMS.

A información detallada dos mesmos dará a coñecer o lugar, datas de celebración, forma de contacto...

Ademáis como información adicional aparecerá na zona dereita do portal un calendario coas datas nas que exista algún evento marcadas, de maneira que se poida buscar fácilmente os eventos existentes nunha data dada.

A información contida neste apartado será visible para todos os usuarios que se conecten ao portal.