Para poder acceder a todos os servizos e funcionalidades de GaliciaPMS, é necesario que o usuario se rexistre no portal. Un usuario pode, ademáis, rexistrar unha empresa no portal para, por exemplo, usar a sección de enterpemes ou redactar anuncios de oportunidades comerciais.
Para acceder ao rexistro ou usuario encontrará un enlace na zona superior dereita do portal.
![]() |
Pulsando na ligazón de iniciar sesión, accedese á páxina de login seguinte, donde debaixo dos campos de introdución de usuario e contrasinal aparece unha ligazón para proceder ao rexistro.
![]() |
O proceso de rexistro producese en dúas fases: primeiro identificase o tipo de usuario e a continuación procedese á recollida de datos do novo usuario.
![]() |
Se o usuario desexa rexistrar unha empresa, en primeiro lugar solicitarase o CIF da empresa, isto faise para determinar se a empresa xa aparece na base de datos de empresa de GaliciaPMS.
![]() |
No caso de que a empresa xa fora rexistrada anteriormente, aparecerá unha mensaxe indicándoo e suxerindo a comunicación co administrador en caso de dúbidas ao respecto.
![]() |
En caso de que a empresa non esté rexistrada no portal GaliciaPMS, a continuación aparecerá un formulario donde o usuario debe introducir os datos necesarios. Os campos obrigatorios aparecen marcados cun *.
Ademáis, o usuario poderá definir as súas áreas de interese, en función das cales se lles mostrarán diferentes tipos de información nas áreas de alarmas de interese ou nos boletíns aos que se pode suscribir.
![]() |
Tamén é obrigatorio que o usuario lea e acepte a política de privacidade, así como a introdución do código de verificación que aparece ao final do formulario.
![]() |
Unha vez pulsado o botón de aceptar, mostrarase unha mensaxe en pantalla indicando que o rexistro se realizou satisfactoriamente, e o usuario xa pode acceder agora ao portal introducindo o seu nome de usuario e contrasinal no formulario de login.