Cabeceira

Cabeceira

 

A cabeceira está dividida en varias partes diferenciadas, cada unha das zonas da imaxe con marco de cor ao seu redor :

  • Logo: Logo do portal GaliciaPMS.
  • Linguaxes: Zona reservada para os distintos linguaxes do portal. Cada vez que un usuario pulse nunha linguaxe o portal mostrará a información que dispoña traducida en dito idioma. Resaltase o idioma activo en cada momento.
  • Formulario de búsqueda: É un formulario que consta de tres elementos: unha entrada de texto que serán as palabras que busque o sistema, un botón de búsqueda (a lupa) que lanzará a búsqueda no portal e finalmente un enlace á búsqueda avanzada (lupa cun símbolo máis interno). Este último enlace non lanza a búsqueda senon que leva ao formulario no que o usuario poderá buscar información do portal.
  • Menú horizontal: O menú horizontal mostra directamente as entradas de nivel 1 (seccións do portal) e cando se pasa co rato sobre cada entrada de nivel 1 mostra as entradas de nivel 2 existentes (subseccións do portal). A parte máis importante a destacar do menú horizontal é a existencia da ligazón Inicio que llevará ao usuario á portada do portal no idioma que está seleccionado nese momento.
  • Menú de utilidades: O menú de utilidades mostra ligazóns a diferentes utilidades para os usuarios: acceso a foros, sección alarmas de interese, acceso ao correo web e unha zona na que se mostrará información diferente en base ao estado actual do usuario. Se o usuario é anónimo mostraráse un enlace para acceder. Dende este enlace poderá rexistrarse se non dispón de usuario. Se o usuario está autenticado mostraráse un enlace á información da sesión actual, co nome do usuario, e as opcións de salir da sesión ou modificar os datos do usuario conectado.

Barra de usuario
Barra de usuario